O PSOE de Arteixo esixe unha actuación urxente na Avenida da Praia ante o seu estado de abandono
O mal estado do pavimento e a ausencia de beirarrúas ou carril bici supoñen un grave risco para vehículos, ciclistas e peóns
O Grupo Municipal Socialista de Arteixo alertou do lamentable estado no que se atopa a Avenida da Praia, unha das principais vías de acceso ao Polígono de Sabón e Rañobre, unha zona de tránsito frecuente tanto para vehículos particulares como camións de gran tonelaxe, autobuses de transporte público, bicicletas e peóns.
O portavoz do grupo municipal socialista, Martín Seco, mostrou no pleno a súa preocupación sobre o mal estado no que se atopa o firme desta via, “con fochancas e desperfectos que poñen en risco a seguridade viaria”. Según o socialista esta situación “non só pode causar danos nos vehículos, senón que tamén representa unha ameaza real de accidente, especialmente tendo en conta que a zona carece por completo de beirarrúas ou carrís bici”.
Desde o PSOE de Arteixo consideran “inaceptable” que nunha zona industrial e de servizos tan relevante como Sabón, non existan condicións mínimas para unha circulación segura e accesible. “A falta de planificación e investimento nas infraestruturas básicas está a afectar tanto á veciñanza como ás empresas asentadas no entorno” engañe Seco.
Por este motivo, o Grupo Socialista pídelle ao goberno municipal do PP que leve a cabo “con carácter urxente” o acondicionamento integral do pavimento da Avenida da Praia, así como a adecuación das rúas do Polígono de Sabón para garantir a seguridade de viandantes e ciclistas, dotando a zona de beirarrúas e carrís bici en condicións.




