Os socialistas de Arteixo denuncian as continuas verteduras ao río Bolaños e reclaman accións urxentes do goberno local
Os socialistas de Arteixo denuncian as continuas verteduras ao río Bolaños e reclaman accións urxentes do goberno local
O Grupo Municipal Socialista de Arteixo volveu denunciar o estado alarmante do río Bolaños, que continúa recibindo verteduras contaminantes ao seu paso polo núcleo urbano do concello e o polígono industrial de Sabón, sen que o goberno local do Partido Popular adopte medida algunha para poñerlles freo.
O portavoz socialista, Martín Seco, denuncia que nas últimas semanas a veciñanza detectou episodios “especialmente graves”, coa auga do río baixando completamente branca e desprendendo “un cheiro insoportable”, según explican algún veciños e veciñas que pasean pola sea contorna ou acoden á praia do Rañal, na que desemboca. Seco sinala que este areal conta con bandeira azul e alta afluencia de familias con nenos, polo que “debería gozar dunhas condicións ambientais dignas”.
Seco lembra que non é a primeira vez que se alerta desta situación e lamentan que o alcalde Carlos Calvelo ignore sistematicamente as propostas do grupo socialista para instalar sistemas de control de vertidos, identificar a súa orixe e realizar as inversións necesarias na rede de recollida de augas para garantir a salubridade do río.
“Non pode ser que, tras 14 anos de goberno, o PP siga mirando cara outro lado mentres un río que atravesa o centro do noso concello e desemboca nunha das nosas praias máis frecuentadas siga cheo de contaminación”, declarou o portavoz socialista.”Debera de ser hora para pasar das palabras aos feitos e tratar de controlar que o río que atravesa o núcleo urbano o faga limpo e cuidado”.
Por todo isto, o Grupo Socialista reclamoulle de novo ao goberno local “que actúe dunha vez por todas”, que execute as inversións urxentes na rede para evitar verteduras ao río Bolaños, e poña en marcha un programa municipal de control de verteduras, con sistemas de detección e sanción ás empresas ou responsables que estean a contaminar o curso fluvial.
O PSOE de Arteixo reafirma así o seu compromiso coa calidade ambiental e a protección dos espazos naturais como unha prioridade real “e non un mero slogan publicitario como para o Partido Popular”, remata Seco.